Fabero

Fabero

Municipio da comarca do Bierzo, adscrito á provincia de León, Castela e León, situado na marxe dereita do río Cúa, afluente do Sil (6.120 h [1996]). É un dos principais centros mineiros de España. Tamén destaca a gandería vacúa e a agricultura. Fundado no s X e vinculado primeiro ao mosteiro de San Andrés de Espiñareda e despois ao arcebispado de Astorga, tivo unha grande expansión demográfica a partir de mediados do s XIX, cando se iniciou a explotación das minas de carbón.