facial
(< lat faciāle)
-
-
adx
Relativo ou pertencente ao rostro ou á cara.
-
arteria facial
[ANAT]
Rama da carótide externa que nace enriba da arteria lingual e se dirixe cara a adiante ata acadar o bordo anterior do músculo maseter, para logo discorrer oblicuamente ao suco da arteria angular. Distínguese unha porción cervical e unha porción facial.
-
nervio facial
[ANAT]
Nervio que ten orixe na protuberancia anular. Diríxese á cara a través do conduto auditivo interno e do acueduto de Falopio, e penetra dentro da parótide. Ten unha función motora, sensitiva e secretora.
-
adx
-
adx e s
m
[FILAT]
Prezo de emisión dun selo de correos ou doutro efecto postal. Normalmente correspóndese co valor de franqueo, aínda que pode levar unha sobretaxa destinada a financiar algunha actividade benéfica ou de calquera outra índole. OBS: Tamén se denomina valor facial.