fácil

fácil

(< lat facĭle)

  1. adx

    Que se pode facer, entender ou conseguir sen moito esforzo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Máis fácil é falar que traballar.”

    Ex: É unha torta moi fácil de facer.

    Antónimos: difícil.
  2. adx

    Que hai moitas probabilidades de que ocorra.

    Ex: É fácil que chova coa calor que vai.

    Confrontacións: probable.
  3. adx

    Que accede de bo grao ao que se lle propón.

  4. adv

    Con facilidade ou sen esforzo.

    Ex: Con esa actitude conseguirás fácil o ascenso.

Palabras veciñas

facial | faciana | facies | fácil | facilidade | facilitador -ra | facilitar