facilidade

facilidade

(

  1. s f

    Calidade de fácil.

    Ex: Sempre fai comidas de gran facilidade.

    Antónimos: dificultade.
  2. s f

    Habilidade que ten alguén para facer ou conseguir algo sen esforzo.

    Ex: Ese rapaz ten moita facilidade para cantar.

  3. s f

    Condición ou circunstancia que fai máis fácil algo.

    Ex: Este ano teño máis facilidade para aprobar. OBS: Adoita empregarse en plural. Ex: Déronme moitas facilidades para comprar o piso.

Refráns

  • Calquera é pastor con bo sol.
  • Cara a abaixo tódolos santos axudan.
  • Catro bois nun carro, se ben turran para arriba, mellor turran para abaixo.
  • Costas abaixo tódolos santos axudan.
  • Desa maneira calquera é panadeira.
  • Desa maneira non fai maneira/non é mester maneira.
  • Do pan encetado calquera pilla un bocado.
  • En pan encetado corta quen quere.
  • Pala costa abaixo non corre o que non quere.
  • Para abaixo calquera boi turra.

Palabras veciñas

faciana | facies | fácil | facilidade | facilitador -ra | facilitar | Facino Cane