difícil

difícil

(< lat difficĭle)

  1. adx Antónimos: fácil.
    1. Que require un gran esforzo, habilidade ou capacidade, para facelo ou entendelo.

      Ex: Hoxe o mestre puxo uns problemas ben difíciles, non sei se serei capaz de resolvelos.

      Antónimos: fácil.
    2. Que resulta duro de soportar.

      Ex: Despois da guerra viñeron uns tempos moi difíciles, case non tiñamos para comer.

  2. adx

    Aplícase ás persoas que polo seu carácter non son fáciles de tratar ou de compracer por ser esixentes, raras ou rebeldes.

    Ex: María é unha persoa difícil, coa que é imposible convivir. O seu carácter difícil e agresivo causou o rexeitamento dos seus amigos.

  3. adx

    Que é pouco probable.

    Ex: Xa lle tocou a lotería unha vez, é difícil que lle toque outra.

Palabras veciñas

Diffa | Difflugia | dificerco -ca | difícil | dificultade | dificultar | dificultoso -sa