difícil
difícil
(< lat difficĭle)
-
adx
Antónimos:
fácil.
-
Que require un gran esforzo, habilidade ou capacidade, para facelo ou entendelo.
Ex: Hoxe o mestre puxo uns problemas ben difíciles, non sei se serei capaz de resolvelos.
Antónimos: fácil. -
Que resulta duro de soportar.
Ex: Despois da guerra viñeron uns tempos moi difíciles, case non tiñamos para comer.
-
-
adx
Aplícase ás persoas que polo seu carácter non son fáciles de tratar ou de compracer por ser esixentes, raras ou rebeldes.
Ex: María é unha persoa difícil, coa que é imposible convivir. O seu carácter difícil e agresivo causou o rexeitamento dos seus amigos.
-
adx
Que é pouco probable.
Ex: Xa lle tocou a lotería unha vez, é difícil que lle toque outra.