fácil
fácil
(< lat facĭle)
-
adx
Que se pode facer, entender ou conseguir sen moito esforzo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Máis fácil é falar que traballar.”
Ex: É unha torta moi fácil de facer.
Antónimos: difícil. -
adx
Que hai moitas probabilidades de que ocorra.
Ex: É fácil que chova coa calor que vai.
Confrontacións: probable. -
adx
Que accede de bo grao ao que se lle propón.
-
adv
Con facilidade ou sen esforzo.
Ex: Con esa actitude conseguirás fácil o ascenso.