Facundo, san
Facundo, san
Mártir, irmán xemelgo de san Primitivo e fillo de san Marcelo, centurión galaico. Deu orixe ao nome da cidade de Sahagún, no camiño de Santiago. Xunto ao seu irmán morreu martirizado en tempo do Emperador Marco Aurelio. Segundo a tradición, ambos os dous santos -dos máis antigos no culto hispánico (s VII)- morreron mártires preto de Cea e están enterrados na catedral de Ourense. San Facundo é titular de catro parroquias e celébrase o 27 de novembro.