Fadamorgana

Fadamorgana

Publicación aparecida en Santiago de Compostela en abril de 1999 e subtitulada “Revista Galega de Literatura Infantil e Xuvenil”. Editada por Atlántica de Información e Comunicación de Galicia e dirixida por Xosé A. Neira Cruz, céntrase na literatura galega e no consello de redacción conta con destacados autores galegos. Así mesmo, insire novidades editoriais en galego, portugués, castelán, catalán, éuscaro, francés e italiano.