2 el, ela
(
-
pron
Pronome persoal tónico de terceira persoa que funciona como suxeito, complemento tras preposición ou segundo termo da comparación, e que pode facer referencia tanto ao que está fóra do emisor (eu) coma do receptor (ti), xa sexa algo animado ou inanimado.
Ex: El pensa que non a quere. Vai bailar con ela. Son máis forte ca eles. Ademais de ser unha casa moi grande, ela tamén é acolledora.
-
pron
Forma de tratamento situada entre a de cortesía (vostede) e a de familiaridade (ti).
Ex: El pode comer algunha cousa se quere. OBS: Contrae coas preposicións en e de, dando lugar ás formas: nel, nela, neles, nelas e del, dela, deles, delas.
-
pron
Forma pronominal que ten un uso redundante referida a un suxeito xa expreso ou sen expresar.
Ex: Este amigo teu é un mentireiro, mira que historia el me contou. Ela era unha persoa moi interesada, aquela prima túa. OBS: En oracións copulativas mesmo se pode omitir o verbo ser ó atribuír unha adxectivación a un substantivo. Ex: Atendeume un home calvo, pequeno e gordecho el. Encántanme os bucios, tan relocentes eles.
-
pron
m
-
Forma invariable que pode presentar diversos usos ou matices e é substituto na lingua actual do antigo pronome elo.
-
Forma pleonástica, referida a un substantivo co que non mantén concordancia.
Ex: El era unha bicicleta vella e enferruxada.
-
Forma que ten como referente un infinitivo, unha cláusula ou un contexto e ten valor anafórico ou catafórico dependendo de que este elemento ao que fan referencia xa aparecese con anterioridade no discurso ou vaia aparecer con posterioridade.
Ex: E el é ben divertido cando no verán imos todos ás illas Cíes pasar o día. E el non era boa idea saír pasear pola praia?
-
Forma que se usa como reforzo interrogativo, equivalendo a acaso, daquela, entón, logo, etc.
Ex: El que che parece se imos ó cine? E el que hai para cear?
-
Forma que é o suxeito gramatical de verbos unipersoais.
Ex: El está a sarabiar. El haberá oito meses polo menos que non nos visitan.
-
Forma expletiva que serve de apoio á narración, e que pode equivaler a a cousa é que, o asunto foi que. OBS: Este uso é propio dun rexistro coloquial.
Ex: E el xa estabamos chegando cando se mareou. E el eu queríalle facer unha pregunta.
-