epizootia

epizootia

(< epi- + grζωότης ‘natureza animal’)

s f [VETER]

Enfermidade contaxiosa que afecta a un gran número de animais dunha ou máis especies nun amplo territorio, e que se transmite con gran rapidez. Transmítese, fudamentalmente, a través do contacto directo entre animais, a través do home ou a través da alimentación. Para combater a difusión destas enfermidades, cada estado posúe unhas leis baseadas nuns puntos comúns: declaración obrigatoria, illamento, sacrificio e destrución do animal contaxioso, vacinacións, prohibición de transportes e mercados, confiscación de grupos de animais enfermos e prohibición do consumo da súa carne. As epizootias máis correntes son a rabia, a peste (bovina, porcina, etc), a cisticercose, a brucelose, a mixomatose, a tuberculose e a triquinose, entre outras.

Palabras veciñas

epizona | epizoo | epizoocoro -ra | epizootia | epizoótico -ca | epizootioloxía | Época