escolítido -da

escolítido -da

(< lat científico Scolytus)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos escolítidos.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto da familia dos escolítidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Familia de coleópteros constituída por escaravellos de pequeno tamaño, de corpo groso e cilíndrico, dotados de élitros de extremo riscado por estruturas afiadas, laminares ou granuliformes. As eirugas, na maior parte das especies, son xilófagas, e practican túneles baixo a casca das árbores. Algunhas especies dependen na súa alimentación de certos fungos que medran nestas galerías e que proveñen dun inóculo que transportou a nai no momento de realizar a posta. Estes fungos son os responsables do debilitamento e morte de moitas das árbores afectadas pola actividade dos escolítidos, feito que fai que esta familia teña unha grande importancia económica e ecolóxica. En Galicia están presentes máis de 50 especies, pertencentes a 26 xéneros, dos que os máis representativos son: Hylastes, Orthotomicus, Pityogenes, Scolytus e Xyleborus.

Palabras veciñas

escolio | escoliose | escoliótico -ca | escolítido -da | escolla | escolledor -ra | Escollegante