escoliose

escoliose

(< grσκολιός ‘tortuoso’ + -ose)

s f [PAT]

Desviación lateral da columna vertebral que adopta unha forma sinuosa. A escoliose estrutural, distinta da actitude escoliótica ou alteración funcional da posición da columna, acompáñase de rotación e torsión dos corpos vertebrais, que producen unha deformidade complexa. A escoliose prodúcese durante o período de crecemento dos ósos, agrávase na puberdade e despois estabilízase. Un estadio avanzado produce graves deformacións torácicas con importantes alteracións cardiorrespiratorias. A escoliose máis común é a determinada por unha mala postura da columna. A escoliose secundaria vén motivada por malformacións, como vértebras cuneiformes, hemivértebras e asimetría da articulación lumbosacra.

Palabras veciñas

escoliasta | escolio | escolio | escoliose | escoliótico -ca | escolítido -da | escolla