escolio
escolio
(< lat scholĭum < grσχόλιον ‘comentario’)
-
s
m
[FILOL]
Comentario filolóxico que facían os comentaristas antigos para explicar algúns textos da Antigüidade, particularmente a grega. Nun principio eran pequenas notas críticas que tiñan como función aclarar posibles dificultades do texto pero, posteriormente, convertéronse nun comentario seguido.
-
s
m
Nota que se pon nun texto, definición ou teorema para aclaralo, explicalo ou comentalo.