escolio

escolio

(< lat scholĭum < grσχόλιον ‘comentario’)

  1. s m [FILOL]

    Comentario filolóxico que facían os comentaristas antigos para explicar algúns textos da Antigüidade, particularmente a grega. Nun principio eran pequenas notas críticas que tiñan como función aclarar posibles dificultades do texto pero, posteriormente, convertéronse nun comentario seguido.

  2. s m

    Nota que se pon nun texto, definición ou teorema para aclaralo, explicalo ou comentalo.

Palabras veciñas

escoliador -ra | escoliar | escoliasta | escolio | escolio | escoliose | escoliótico -ca