Española, La

Española, La

Illa do Mar Caribe, segunda en tamaño das Antillas (76.192 km2), que constitúe o nó orográfico deste mar. As súas principais unidades do relevo son a Cordilleira Central e a Cordilleira Meridional. O seu clima é tropical. Descuberta por Colón en 1492, estaba poboada por tribos do grupo circuncaríbico (arauacos e taínos). A illa está dividida en dous estados: Haití e a República Dominicana.