esparganiáceo -a

esparganiáceo -a

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás esparganiáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Herbácea da familia das esparganiáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas perennes, da orde das tifais, composta unicamente polo xénero Sparganium, que comprende 14 especies propias das zonas temperadas e frías do hemisferio N, e que só está presente no hemisferio S en Oceanía e parte do S de Asia. Habitan en medios húmidos e acuáticos, e caracterízanse por ter rizomas desenvolvidos e con escamas, talos erectos, follas lineais planas ou de sección triangular, e flores unisexuais monoicas de periantio trímero -de 1 a 8 estames e de 1 a 2 carpelos-, dispostas en inflorescencias, as masculinas nos glomérulos superiores e as femininas nos inferiores. A polinización é anemógama e dá lugar a un froito en drupa esponxosa, que flota e facilita a dispersión pola auga. En Galicia están presentes as especies: Sparganium angustifolium, en medios húmidos das montañas do SL; Sparganium emersum, en augas pouco profundas, e Sparganim erectum, en ribeiras e augas pouco profundas.

Palabras veciñas

esparavel | esparexemento | esparexer | esparganiáceo -a | esparganio | espárido -da | esparita