espárrago
espárrago
(< lat asparăgu < gr ἀσπάρα-γος)
-
s
m
[ALIM]
Gromo novo e comestible da esparragueira. Aínda que os espárragos poden ser consumidos frescos, a maior parte da produción está destinada á conserva. Consómense en ensaladas, revoltos, menestras, cremas ou tortillas, como gornición noutras preparacións culinarias ou cocidos ao natural e acompañados con mollos, como a maionesa, ou simplemente con aceite e vinagre. Gozan de especial sona os de Aranjuez e os de Navarra, estes últimos amparados por unha Denominación de Orixe. No plano internacional, destacan os da localidade gala de Argenteuil.
-
s
m
[PLANTA]
esparragueira.
Refráns
- En abril os espárragos para min e en maio para o meu amo.