Estanislao de Kostka, santo

Estanislao de Kostka, santo

Novicio xesuíta polaco. Realizou estudios clásicos en Viena. Conta a lenda que alí se lle apareceu a Virxe co neno e comungou da mans dun anxo. Con 17 anos fuxiu a pé cara a Alemaña e Roma, onde foi admitido no noviciado por san Francisco de Borja e ingresou na Compañía de Xesús. Foi canonizado por Benedicto XIII en 1726. Na iconografía represéntase como un mozo imberbe e leva, como atributos persoais, unha azucena sostida por el ou por un anxo que o acompaña (símbolo da pureza), e outras veces ten aos seus pés unha arma de fogo ou unha peza de artillería (como protector de Polonia). A súa festividade celébrase o 13 de novembro.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Rostkow

  • Deceso