Eufemia, santa

Eufemia, santa

Mártir cristiá. Filla dun senador de Calcedonia, foi decapitada baixo Diocleciano (303-304?). Esta santa ten unha longa tradición en Galicia, por iso nove das máis antigas parroquias téñena como titular. Na iconografía viste túnica e manto de patricia romana, e leva como atributos unha espada cravada no peito ou na gorxa, unha roda dentada, un óso aos seus pés ou dous leóns. A súa festividade celébrase o 16 de setembro.