euforbiáceo -a
euforbiáceo -a
(< lat científico Euphorbia)
-
adx
Relativo ou pertencente ás euforbiáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta pertencente á familia das euforbiáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de árbores, arbustos e herbáceas, que engloba máis de 300 xéneros e 7.500 especies, as máis delas de distribución tropical, caracterizadas por presentar tubos laticíferos cun látex branco que na maior parte das especies é irritante, e noutras están cubertos de pelos estrelados e mestos. Son comúns nesta familia os mecanismos de adaptación a condicións de aridez -como presentar talos e follas suculentos ou metabolismos C4 e CAM-.