euforia
euforia
(< gr εὐϕορία ‘forza para levar ousoportar’)
-
s
f
[PSIC/FISIOL]
Estado de benestar psíquico e físico que se caracteriza por unha sensación xeral de potencia física, capacidade de ideación e receptividade, e por unha tendencia á interpretación optimista dos feitos. Ás veces pode coincidir cunhas condicións de saúde real, pero como fenómeno patolóxico relaciónase con estados de intoxicación, como os producidos polo alcohol ou os estupefacientes, ou con enfermidades do sistema nervioso, como a psicose maníaca ou a parálise progresiva.
-
s
f
Estado de ánimo propenso ao optimismo.