Eufrón
Eufrón
Tirano da cidade de Sición (368 a C-365? a C). Expulsou os oligarcas tras un golpe de estado e mantívose no poder grazas á secularización dos bens eclesiásticos. Os seus intentos de manter independente Sición do poder de Esparta e Tebas valeulle o título de fundador da cidade. Destituído polos arcadios, fuxiu a Tebas, onde morreu asasinado.