eutrofización
eutrofización
(< eutrofia)
s
f
[ECOL]
Proceso de acumulación de sales minerais (nutrintes) nun ecosistema acuático, que comporta un crecemento masivo de algas. Este proceso prodúcese con rapidez, xa que o fósforo e o nitróxeno mineral, que son os factores que limitan o crecemento vexetal, son achegados polas augas contaminadas, especialmente pola acción da rega e da chuvia sobre os cultivos, que traen restos dos fertilizantes minerais cara aos ríos e lagos, e tamén pola afluencia das augas residuais.