Faisáns, Illa dos
Faisáns, Illa dos
Pequena illa do Mar Cantábrico, na desembocadura do río Bidasoa, entre Hondarribia (Gipuzkoa) e Hendaye (Pyrénées Atlantiques, Francia). Escenario de contactos e transaccións políticas entre as coroas francesa e española, dende 1902 constitúe un condominio de España e Francia, que comparten a súa soberanía.