Faísca, A

Faísca, A

Publicación editada ao redor de 1988 en Ferrol e subtitulada “Vozeiro comarcal da Fronte Popular Galega-Ferrol”. De tendencia nacionalista e antimilitarista, incluía artigos onde analizaba a loita obreira, a folga como medio de protesta e a situación dos parados. Tamén levaba fotografías e debuxos de humor gráfico.