Falanto
Falanto
[MIT]
Heroe grego, epónimo de Tarento. Liderou a loita dos partenios -fillos dos lacedemonios que foran reducidos á escravitude durante a Guerra de Mesenia- contra os espartanos. Descuberto o seu plan de ataque, fuxiron e, por orde do oráculo de Delfos, fundaron a colonia de Tarento.