falanxe

falanxe

(< lat phalānge < gr ϕάλαγξ)

  1. s f
    1. [HIST]

      Formación de combate da infantería grega constituída en Macedonia por Arquelao e Filipo II, que lle proporcionaron a súa estrutura tradicional con dezaseis ringleiras de homes armados con longas lanzas. Alexandre o Grande fíxoa máis lixeira e móbil e reduciuna a oito ringleiras. O seu carácter compacto fíxoa invencible nas chairas, pero sucumbiu diante da lexión romana en Pidna (168 a C) polo accidentado do terreo.

    2. Calquera corpo de tropas numerosas.

  2. s f [POLÍT]

    Organización política de carácter autoritario e estrutura paramilitar.

  3. s f

    Conxunto de persoas unidas nunha certa orde para acadar un determinado fin.

  4. s f [ANAT]
    1. Cada un dos pequenos ósos alongados que forman o esqueleto dos dedos da man ou do pé.

    2. Óso situado entre o metacarpiano, no caso da man, ou o metatarsiano, no caso do pé, e a falanxina.

  5. s f [POLÍT]

    Unidade laboral integrada polas familias que habitan un falansterio.

Palabras veciñas

falansterio | falante | Falanto | falanxe | falanxeta | falanxina | falanxismo