Falcón O’Neill, Lidia

Falcón O’Neill, Lidia

Avogada e política. Licenciada en Arte Dramática polo Institut del Teatre de Barcelona (1959) e en Dereito (1960) e Periodismo (1961) pola Universitat de Barcelona, doutorouse en Filosofía pola Universidad Autónoma de Madrid (1991). Militante do PSUC, en 1976 creou o Colectivo Feminista de Barcelona, a revista Vindicación Feminista e a editorial Ediciones del Feminismo. Fundou a Organización Feminista Revolucionaria (1977), promotora da constitución do Partido Feminista de España, e a Confederación de Organizaciones Feministas (1996), cun proxecto europeo. Directora da revista Poder y Libertad (1979), é autora da novela Camino sin retorno (1992), e de numerosas obras de temática social e feminina, como Los que siempre ganan (1970), En el infierno. Ser mujer en las cárceles españolas (1977), Parid, parid, malditas (1986), Tres idiotas españolas (1987), Mujer y poder político (1992), Trabajadores del mundo, rendíos (1995) e Los nuevos mitos del Feminismo (2001).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Madrid