Falcón Osorio, Pilar

Falcón Osorio, Pilar

Xornalista e escritora. Licenciada en Ciencias da Información na Universitat Autonoma de Barcelona e doutorada en Dereito da Información na Universidad Complutense de Madrid. Colaborou en Antena 3 Radio, nos informativos da fin de semana de Onda Madrid, no apartado cultural de Telemadrid Radio e en RTVE. Exerceu tamén como profesora de historia do xornalismo na Universidad Complutense de Madrid. Escribiu El Imperio Rosa. Poder e influencia de la prensa del corazón (1998), Innovación en lo informativo y sus produtos e Fraga y Galicia (2002).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : A Pastoriza