faldra

faldra

(< fráncico *falda ‘prego’)

  1. s f

    Peza de vestir feminina que vai cinguida ao van e pode ter distintas lonxitudes. Os materiais que se empregan na súa elaboración tamén son moi variados, como a la, o algodón ou o picote. Na tradición oral recóllense ditos coma: “O que non alcanzan barbas, consígueno faldras.”

    Sinónimos: saia.
  2. s f

    Parte inferior dun vestido que cae dende o van ata os pés.

  3. s f

    Parte inferior da camisa do traxe tradicional galego feminino que vai dende o van ata o xeonllo. Elabórase co mesmo material ca o resto da camisa, xeralmente liño, xa que é unha peza única.

  4. s f

    Tea que recobre algunhas mesas e que cae ata o chan.

    Confrontacións: .
  5. s f

    Parte inferior dunha montaña.

    Confrontacións: ladeira.
  6. s f

    Carne da parte do ventre do gando vacún e porcino.

  7. s f [TECNOL]

    Parte lateral do pistón dos motores de combustión interna. Serve de guía ao pé da biela e soporta os esforzos laterais.