pé
(< lat pede)
-
-
s
m
[ANAT]
Parte terminal das extremidades abdominais do home que comprende o tarso, o metatarso e as dedas. Os ósos do tarso distribúense en dúas fileiras, unha posterior, co astrágalo enriba e o calcaño debaixo, e outra anterior, co escafoide por dentro, as tres cuñas por diante e o cuboide por fóra. Os metatarsianos son cinco; por detrás articúlanse coas tres cuñas e o cuboide, e por diante coas falanxes das dedas. Completan esta estrutura ósea uns potentes tendóns que proceden dos músculos da perna e dos músculos propios do pé, e ligamentos, que contribúen á fixación das pezas óseas.
-
pé cavo
[PAT]
Pé oco, cunha curvatura excesiva da planta do pé.
-
pé de atleta
[PAT]
Tricofitose do pé, producida polo fungo Candida albicans, caracterizada polo arroibamento, vesiculación e fendas entre as dedas.
-
pé de Madura
Micetoma do pé.
-
pé de Morand
[PAT]
Pé con oito dedas.
-
pé equino
[PAT]
Deformidade permanente do pé, que o priva de tomar contacto coa terra polos seus puntos normais de apoio.
-
pé equinovalgo
[PAT]
Combinación de deformidades constituídas polo pé equino e polo pé valgo.
-
pé equinovaro
[PAT]
Pé que combina as deformidades constituídas polo pé equino e polo pé varo.
-
pé oco
[PAT]
Deformidade que se caracteriza polo encorbamento da punta cara ao talón que deixa cóncava a planta do pé.
-
pé plano
[PAT]
Deformidade que se caracteriza pola desaparición da ponte do pé, de maneira que se pousa na terra directamente a planta do pé.
-
pé valgo
[PAT]
Pé desviado cara a fóra, que pousa na terra polo bordo interno.
-
pé varo
[PAT]
Pé desviado cara a dentro, que pousa na terra polo bordo externo.
-
pé zambro
[PAT]
Pé contrafeito, xeralmente de tipo equinovaro.
-
s
m
[ANAT]
-
-
s
m
Parte terminal de cada unha das patas dun animal.
-
pé fendido
Pezuño dos ungulados.
-
s
m
-
-
s
m
Parte inferior do tronco dunha planta ou dunha árbore.
-
s
m
Árbore ou planta sobre a que se fai un enxerto.
-
pé de viña
Cepa das vides.
-
pé macho
Planta que carece de espigas.
-
s
m
-
s
m
Parte dun obxecto que serve para soportar algo e sobre a que este se apoia no chan.
Ex: Tivemos que calzar un pé do armario porque abaneaba.
-
-
s
m
Peza colocada verticalmente que sostén algo.
-
s
m
Columna, xeralmente de pedra, que sostén o hórreo e sobre a que vai a capa.
-
s
m
Pedra inferior do muíño, de forma cilíndrica e cun buraco no medio, sobre a que xiria a capa ou moa.
-
s
m
[CONSTR]
Balaústre ou barra de ferro que, disposto verticalmente no extremo inferior dalgunhas escaleiras, ou dun dos seus tramos, forma parte da varanda, sostendo o pasamán, e adoita ser máis groso e máis longo ca os outros barrotes da varanda.
-
pé dereito
[CONSTR]
Cada unha das pedras verticais que, postas aos lados dunha porta ou ventá, sosteñen o lintel.
Sinónimos: ucheira. -
pé dormente
[CONSTR]
Madeiro ou pedra, colocada xeralmente no chan, que serve de apoio a outras situadas horizontal ou verticalmente.
Sinónimos: dormente.
-
s
m
-
s
-
Parte inferior de algo.
Ex: Fixemos un descanso no pé do monte. O pé do edificio en construción está cheo de cascallos.
-
Parte final dun escrito ou dunha páxina, que non pertence ao seu contido.
Ex: Segundo explica a nota ao pé, a información está contrastada.
-
Texto impreso debaixo, ao lado ou enriba dunha ilustración, que explica o seu significado e facilita a súa comprensión.
Ex: Grazas ao pé de foto soubemos quen era a persoa que bicaba a man do papa.
-
pl
Parte dunha cousa que se opón á cabeceira.
Ex: Dobreiche a camisa e deixeicha nos pés da cama.
-
-
s
m
Medida do calzado que usa unha persoa.
Ex: Ti gastas máis pé ca min.
Sinónimos: número. -
s
m
Parte do calcetín, media ou outra peza de vestir que cobre o pé.
-
s
m
Motivo ou razón para algo. OBS: Adoita empregarse co verbo dar.
Ex: No lle dei pé para que me contestara.
-
s
m
[METROL]
-
Medida de lonxitude de valor variable segundo os países ou as localidades. Corresponde aproximadamente á lonxitude dun pé humano.
-
Unidade de lonxitude utilizada nos países anglosaxóns, igual a 1/3 da iarda ou a 12 polgadas. Represéntase por ft e equivale a 30,48 cm. Para superficies e volumes empréganse, respectivamente, o pé cadrado (0,0923 m 2 ) e o pé cúbico (0,027 m 3 ).
-
Medida de lonxitude que equivale a uns 28 cm segundo as zonas e que corresponde á terceira parte dunha vara.
-
-
[LIT]
-
s
m
Unidade métrica básica a partir da que se formaban os versos na poesía clásica grega e latina.
-
pé crebado/quebrado
erso de oito sílabas ou menos que aparece nunha composición, combinado con versos maiores, e que en relación a estes aparece como fragmentario.
-
s
m
-
pé ambulacral
[ZOOL]
Apéndice dos equinodermos que utilizan como medio de locomoción e como parte do seu sistema respiratorio.
-
pé azul
[FUNGO]
Cogomelo que presenta un carpóforo que pode medir desde 3 ata 15 cm de diámetro, carnoso, aplanado e de cor violeta. A cutícula é moi lisa, non estriada, satinada e algo viscosa co tempo. As laminiñas son escotadas, pretas, desiguais, da mesma cor ou máis claras ca o sombreiro. O pé non ten anel nin bulbo e é da mesma cor co carpóforo. É comestible e encóntrase, sobre todo, no inverno, sobre calquera amoreamento de follas.
-
pé de boi
[PLANTA]
Planta herbácea perenne, de ata 1,5 m de altura, que presenta talos ocos, follas pinnadas, flores brancas agrupadas en inflorescencias e froito globoso. Florece entre xuño e agosto. En Galicia haina en lugares húmidos, preto dos ríos. É unha planta moi velenosa.
-
pé de cabra
Barra de ferro cos extremos planos e curvados en forma de uña que se usa para arrincar cravos ou como panca.
-
pé de can
[MAR]
Disposición das áncoras dunha embarcación cando están fondeadas dúas a proa e unha a popa.
-
pé de codaste
[MAR]
Parte do codaste que descansa sobre a quilla.
-
pé de escota longo
[MAR]
Sistema de navegación de vela en que a vela vai máis solta e o barco vai máis lixeiro. Emprégase para navegar cando o vento bate ao biés na amura.
-
pé de galiña
[PLANTA]
grama.
-
pé de gallo
[MAR]
Peza de ferro bifurcada que, cravada nun pau dunha embarcación, serve para enganchar ou unir cabos.
-
pé de galo
[MAR]
Corda con chumbo, que vai por debaixo das redes do cerco.
-
pé de galo
[PROTISTA]
Algas vermellas de talo ergueito, de ata 2 m de lonxitude, de cor verde amarelada cando son novas e apardazadas máis tarde, con ramificación alterna en pólas planas e delgadas de 2 mm de ancho, que aparece no infralitoral das costas expostas.
-
pé de imprenta
[GRÁF]
Indicación da data e lugar en que se imprimiu un libro, un cartel ou calquera outra publicación.
-
pé de lobo
[PLANTA]
marroio de auga.
-
pé de monte
[XEOG]
Rexión chairega situada ao pé dun macizo montañoso, que se forma pola acumulación de materiais, arrastrados por torrentes e ríos, e previamente arrincados da montaña polos efectos da erosión.
-
pé de paxaro
[PLANTA]
herba das quenturas.
-
pé de pita
[PLANTA]
abrótega.
-
pé de rata
[FUNGO]
Especie de fungos do xénero Ramaria, da clase dos basidiomicetos, con aspecto de coral e cor amarela. Crece debaixo das árbores e de restos de materia vexetal en descomposición. En Galicia existe a especie R. strita.
-
pé de rei
[TECNOL]
Aparato que mide distancias curtas cunha precisión de centésimas de milímetro. Consta dunha regra fixa, graduada, cun pé perpendicular e un cursor, provisto doutro pé, que leva incorporado un nonio ou un visualizador dixital.
-
pé de roda
[MAR]
Peza curva de madeira que une a roda de proa ou de popa coa carena, nunha embarcación de madeira.
-
pé de sapo
[PLANTA]
cegude.
-
pé de sardiña
[MAR]
Banco de sardiñas que entra nunha ría.
-
pé dunha perpendicular
[MAT]
Punto en que unha recta ou un plano cortan a perpendicular trazada sobre eles.
Frases feitas
-
A catro pés loc adv Gateando.
-
A darlle co pé. En abundancia.
-
A pé loc adv Camiñando.
-
Ao pé da letra De maneira literal.
-
2 loc adv Que xa se levanta da cama, despois dunha enfermidade.
-
3 loc adv Levantado da cama.
-
A pé(s) enxoito(s). Sen mollar os pés.
-
A/de pé feito. Adrede.
-
Andar con pés de la/manteiga. Actuar alguén con coidado e precaución.
-
Ao/ó pé de 1 loc adv Ao lado de ou xunto a. 2 loc prep Arredor de, aproximadamente.
-
Bater/dar cos pés no cu. Correr moito.
-
Buscarlle os cinco/tres pés ao gato. Buscar complicacións ou dificultades onde realmente non as hai.
-
Caer de pé. Ter alguén sorte.
-
Caerlle a alguén a alma aos pés. Levar alguén unha gran desilusión.
-
Co pé dereito loc adv Con boa sorte.
-
Co pé esquerdo loc adv Con mala sorte.
-
Con bo/mal pé. Con boa ou mala sorte.
-
De/en pé 1 loc adv En posición vertical.
-
Dos pés á cabeza/da cabeza aos pés loc adv De arriba a abaixo, completamente.
-
En pé de guerra. Estar preparado para entrar en guerra.
-
Erguerse co pé esquerdo. Non ter un bo día.
-
Estar cun pé na estribeira. Estar alguén próximo á morte.
-
Facer algo cos pés. Facer algo mal.
-
Facer pé. Poder tocar o fondo co pé, tendo a cabeza fóra da auga.
-
Máis vello ca andar de pé. Moi vello.
-
Meter os pés polas mangas/mans. Equivocarse.
-
Nacer de pé. Ser moi afortunado.
-
Non dar pé con bóla. Errar continuamente en que se fai ou se di.
-
Non haber quen lle bote/poña o pé diante. Persoa moi segura e decidida.
-
Non poñer os pés nun sitio. Non entrar nun sitio.
-
Non ter pés nin cabeza. Ser algo absurdo, disparatado ou sen lóxica.
-
Parar os pés. Impedir que algo ou alguén vaia máis alá do debido.
-
Pensar cos pés. Equivocarse por facer as cousas sen reflexionar.
-
Poñer pé en terra. Baixar dun vehículo, navío ou aeronave.
-
Saber de que pé coxea. Coñecer os defectos e vicios de alguén.
-
Ter os pés na terra/no chan. Ser realista.
-
Ter pés de barro. Ter unha base pouco sólida.