Pé das Burgas

Pé das Burgas
[LIT]

Colección de 23 relatos escritos por Francisco Álvarez de Nóvoa e editados na Biblioteca Gallega de Andrés Martínez Salazar en 1896. Algúns deles foron publicados polo autor na prensa da época, en publicacións como El Eco de Galicia ou A Nosa Terra. Nesta obra reflíctense as ideas renovadoras que tanto influíron, anos despois, nas Irmandades da Fala. O libro é unha mostra de narrativa urbana, burguesa e psicoloxista, rompedora co estilo tradicional, feito que a relegou á marxinalidade entre a crítica da época. Nela predomina a presenza de personaxes e ambientes vinculados ao mundo labrego e a Ourense, sen esquecer a Galicia mariñeira, feito que constitúe unha novidade na narrativa do seu tempo, e onde as situacións amorosas, vitais e costumistas conforman as principais liñas temáticas dos relatos. Cómpre destacar ademais que nos “Dous parrafeos” iniciais, o autor amosa a súa preocupación polos aspectos lingüísticos e pola creación dunha lingua literaria.

Palabras veciñas

| PE | Pé da Múa | Pé das Burgas | Pé de Meda | Pea, Enrico | Peace