fama

fama

(< lat fama)

  1. s f

    Feito de que algo ou alguén sexa moi coñecido pola xente debido a distintas circunstancias. Na tradición oral recóllense os seguintes refráns: “A boa fama, moito mal cobre. A mala fama mata. A mala fama roda como a moeda; e a boa na casa se queda. Boa fama furto encobre. Colle boa fama e déitate a durmir. Mal vai quen mala fama cobra. Quen ten boa fama tapa as súas faltas. Se cobraches mala fama, afánate por quitala. Se queres ter boa fama, non te colla o sol na cama. Uns teñen a fama e outros o proveito”.

    Ex: Tiña que preservar a súa fama de home de ben.

    Sinónimos: reputación, sona.
  2. s f

    Opinión pública favorable ou non dunha persoa ou dun feito.

    Ex: A fama dese doutor é coñecida en toda a cidade.

    Sinónimos: prestixio, sona.

Palabras veciñas

falucho | falueiro -ra | Falun | fama | Fama | Famagusta | Famagusta