Fanerozoico

Fanerozoico
s m [ESTRATIG]

Eón máis moderno que comprende tres eras: o Paleozoico, de 570 a 249 millóns de anos atrás; o Mesozoico, de 248 a 66 millóns de anos atrás; e o Cenozoico, que comprende os últimos 65 millóns de anos. Constitúe o tempo durante o que viviron a maior parte dos organismos macroscópicos -algas, fungos, plantas e animais- e coincide coa aparición de animais con conchas ou esqueletos que fosilizaron facilmente. O tempo anterior ao Fanerozoico está usualmente referido como o Precámbrico.