Fanfani, Amintore

Fanfani, Amintore

Político e economista italiano. En 1945 ingresou no partido demócratacristián, do que foi elixido deputado da Asemblea Constituínte de 1946. Ocupou os ministerios de Traballo (1947-1950), Agricultura (1951-1953), Interior (1953-1954) e Asuntos Exteriores (1965 e 1966-1968). Ademais, foi presidente do consello de ministros (1954, 1958-1959, 1960-1963, 1982-1983 e 1987) e do Senado (1968-1973, 1976-1982), e secretario xeral do partido demócratacristián (1954-1959 e 1973-1975). Presidiu a asemblea das Nacións Unidas (1965) e desde 1968 foi senador vitalicio. En 1978 exerceu interinamente a presidencia da República.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Pieve Santo Stefano, Arezzo

  • Deceso

    Lugar : Roma