Fant, Gunnar
Fant, Gunnar
Foneticista sueco. Entre 1945 e 1948 traballou na análise acústica dos sons do sueco e, entre 1949 e 1951, comezou a desenvolver a súa teoría acústica da produción da fala. Cómpre destacar as súas obras The Acoustic Theory of Speech Prodution (1960), Speech Sounds and Features (1973) e, en colaboración con R. Jakobson e G. Halle, Preliminaries to Speech Analysis. The Distinctive Features and their Correlates (1952), na que, por primeira vez, se expoñen os principios acústicos en relación cos feitos articulatorios. Membro da Real Academia Sueca de Ciencias e da Real Academia Sueca de Enxeñería.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Nyköping