fantasma

fantasma

(

  1. s m [ESOT]

    Aparición sensible dun morto ou dun ser incorpóreo.

    Ex: Aparecéuselle o fantasma do seu avó.

    Sinónimos: espectro, pantasma.
  2. s m

    Ser imaxinario que a xente cre ver en soños ou esperta.

    Sinónimos: espectro, pantasma.
  3. s m

    Recordo ou visión que volve á mente das persoas atormentándoas.

    Ex: Cando cheguei a aquel lugar volveron os fantasmas da miña dramática xuventude.

    Sinónimos: pantasma.
  4. s m [FILOS]

    Imaxe mental dun obxecto. Na filosofía escolástica tradicional equivalía a aquilo que o home chama modernamente fenómeno.