Fantasía
Fantasía
Semanario literario editado co selo da Delegación Nacional de Prensa e Propaganda, dirixida por Juan Aparicio. O seu obxectivo principal era divulgar a creación e invención poéticas, malia que tamén estaba aberta a outro tipo de xéneros literarios. Dividiuse en diferentes subseccións, e estas á súa vez en temas, co que se pretendía estruturar unha publicación na que tiveran cabida os máis destacados creadores da posguerra, entre outros, Gerardo Diego, Leopoldo Panero, José G. Nieto, Ricardo Molina e Vicente Gaos.