FAO

FAO
Nome científico: [Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación; ingl: Food and Agriculture Organization]

Organismo intergobernamental, pertencente ás Nacións Unidas e fundado en 1945, que ten como obxectivos mitigar a pobreza e reducir a fame promovendo o desenvolvemento agrícola, unha mellor nutrición e a procura da seguridade alimentaria, definida como o acceso de toda a poboación en todo momento aos alimentos necesarios para levar unha vida activa e saudable. Unha das súas prioridades específicas é fomentar a agricultura sostible e o desenvolvemento, co propósito de satisfacer as necesidades das xeracións actuais e futuras, mediante a promoción dun desenvolvemento que non degrade o medio ambiente e que sexa tecnicamente apropiado, viable dende un punto de vista económico e social. Conta con 183 estados membros e cunha organización membro, a Unión Europea. Dende a súa fundación, a produción de alimentos incrementou a súa velocidade ao dobre da velocidade do incremento da poboación humana, reducindo, dende a década de 1960 ata finais do s XX, desde un 50% a un 20% de poboación con fame. Malia todo, a finais deste mesmo período, seguían sufrindo a fame uns 800 millóns de persoas no mundo.

Palabras veciñas

fanum* | Fanzago, Cosimo | Fao | FAO | Faón | faquexa | faquexo