Faón

Faón
[MIT]

Heroe da illa de Lesbos. Era un barqueiro vello, feo e pobre, que un día levou a Afrodita vestida de anciá, e como non lle cobrou, esta deulle en recompensa un bálsamo que o converteu nun fermoso mozo. Conta a lenda que Safo se namorou profundamente del pero, como non foi correspondida, suicidouse botándose ao mar.

Palabras veciñas

Fanzago, Cosimo | Fao | FAO | Faón | faquexa | faquexo | faquir