Fara

Fara
[ONOM]

Antroponimo feminino de orixe escura. Tal vez proceda do xermánico, como hipocorístico dos nomes compostos con *fara-, que indicaba un corpo de expedición formado por un grupo étnico ou familiar; do hebreo, latinizado en Phara ‘frutífera’, ou dunha probable orixe árabe. Santa Fara (ou Burgundofara) foi abadesa no s VII na abadía beneditina de Faremoutiers (Meaux). O seu culto principiou no s XVI, posiblemente traído de Francia por monxes bieitos. A súa festividade celébrase o 3 de abril.