Fārābi, Abū Nasr Muhammad al-

Fārābi, Abū Nasr Muhammad al-

Filósofo islámico. Coñecido en Occidente como Alfarabius e Abennasar, estudiou o aristotelismo cristián e tentou demostrar que a filosofía grega era suficiente para proporcionar explicacións válidas para o Islam. Afirmou que a omnisciencia divina non implicaba o determinismo, posto que a implicación dun feito polo correspondente coñecemento non é transferida ao feito mesmo. Comentarista de Aristóteles, identificou a doutrina deste coa de Platón. Foi autor de numerosas monografías sobre lóxica, física, metafísica, ética e política. Entre as súas obras destacan As opinións dos habitantes do Estado perfecto, Sobre o goberno político e Ih’ al-ulūm (Inventario das ciencias). Escribiu, ademais, un libro sobre música, que constituíu a exposición máis importante da teoría musical da Idade Media. Influíu especialmente sobre Avicena, Ibn Bağğa, Averroes e Maimónides.

Cronología

  • Deceso

    Lugar : Damasco