Fareham

Fareham

Cidade do condado de Hampshire, Inglaterra, Reino Unido (142.923 h [1983]). Situada no fondo dunha ampla baía ao O de Portsmouth, ao redor do seu porto desenvolvéronse unha serie de actividades industriais relacionadas coa flota: industrias do cordel, fábricas de sacos e curtidos, etc. De orixe prerromana, converteuse en campamento romano no 43 coa finalidade de defender o porto de Portsmouth. Desde a Idade Media foi un importante centro comercial e militar. Do seu patrimonio cultural destacan a abadía medieval de Tichfield, o castelo medieval de Portchester, as casas xeorxianas da Farenham High Street e as construcións que rodean a base militar decimonónica de Portsmouth.