Farelo, serra do
Farelo, serra do
Aliñación montañosa do centro da Comunidade Autónoma de Galicia, unha das que integran a Dorsal Occidental Galega. Esténdese en dirección N-S e serve de límite aos concellos de Agolada e Antas de Ulla. Culmina nos 951 m de altitude do monte Farelo.