Farīdabād

Farīdabād

Cidade do estado de Haryāna, India, na aglomeración urbana de Delhi (613.828 h [1991]). Fundada en 1607 por Shaikh Farid, constituíuse como municipio en 1867. Do seu patrimonio cultural destacan o val de Badkhal e a tumba de Baba Farid, lugar de peregrinación para a poboación local.