Faro, Nosa Señora do

Faro, Nosa Señora do

Santuario situado na serra do Faro, na parroquia de Requeixo (Chantada). Parece ser que foi construído na segunda metade do s XVII polo mestre Afonso Vázquez e reformouse en 1726. En 1805, o bispo de Lugo mandouna derrubar pero reconstruíuse máis tarde. No interior consérvase a imaxe da Virxe Vella ou A Nai, e na igrexa de Requeixo a da Virxe da Outava ou A Filla. A romaría celébrase o 8 de setembro.

Palabras veciñas

Faro Infantil | Faro Marítimo, El | Faro Villalbés | Faro, Nosa Señora do | Faro, O | Faro, serra do | Faro-Miño