Faro Villalbés
Faro Villalbés
[PUBLIC]
Quincenario aparecido en Vilalba a partir do 22 de xaneiro de 1932. Cesou a súa edición o 28 de xuño de 1936 (nº74). Subtitulouse “Periódico quincenal, paladín de Organización Republicana Agraria (ORGA)” e dirixírono, inicialmente, Ramón Taboada e, en 1936, Antonio Quintela Ferreiro. De tendencia republicana, a partir de 1936 defendeu con forza o nacionalismo galeguista. Participou activamente na denuncia do caciquismo e defendeu a República.