Farroupilha, Revolución
Farroupilha, Revolución
Guerra civil, coñecida tamén como Guerra dos Farrapos, acontecida no S do Brasil en 1835, de carácter federalista e republicano. A revolución estalou nas provincias do Rio Grande do Sul e de Santa Catarina, e culminou coa proclamación da República Riograndense ou do Piratini (1836) e da República Catarinense ou Juliana (1839). Trala vitoria das tropas do goberno central asinouse a Paz de Ponche Verde o 28 de febreiro de 1845.