Farrow, Mia
Actriz cinematográfica. Filla do director australiano John Farrow e da actriz estadounidense Maureen O’Sullivan, comezou facendo pequenos papeis en diversas películas do seu pai. Con dezanove anos debutou de forma profesional no teatro e no cine, pero ata 1968 non conseguiu o seu primeiro éxito no filme Rosemary’s Baby (A semente do diaño), de Roman Polansky. Posteriormente, iniciou unha relación sentimental co actor e director Woody Allen que durou dez anos, durante os que protagonizou numerosas películas dirixidas por el, entre as que destacan A Midsummer Night’s Sex Comedy (Comedia sexual dunha noite de verán, 1982), Broadway Danny Rose (1984), The Purple Rose of Cairo (A rosa púrpura do Cairo, 1985), Hannah and Her Sisters (Hannah e as súas irmás, 1986), New York Stories (Historias de Nova York, 1989) ou Husbands and Wives (Maridos e mulleres, 1992). Tamén realizou outras interpretacións en películas como Widow’s Peak (O pico das viúvas, 1994), Miracle at Midnight (Milagre a media noite, 1998) ou Coming Soon (2000).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Los Angeles